Matemáticas martes 28 de abril de 2020

Bos días!!!!
Noraboa a tod@s @s que fostes capaces de resolver os desafíos do pasado venres. Aínda quedades algúns e algunhas por envialos, así que anímovos a facelo.
Hoxe vos traio un exercicio relacionado co sistema sexaxesimal, pero tranquil@s, que é ben sinxelo!!! Teredes que pasar de forma complexa a incomplexa. Comezamos:
Sabes exactamente a túa idade?...Pois agora terás que averigualo.
  1. Calcula a túa idade en anos, meses e días. 
  2. Expresa esas medidas en días (non teremos en conta os anos bisiestos). 
  3. Pásaas a horas. 
  4. Agora, a minutos.
  5. Finalmente, a segundos. 
Cando teñas os segundos calculados, escribe a túa resposta nun comentario aquí abaixo.
(se alguén aínda non sabe como facer comentarios no blogue, botade unha ollada a este post https://sextopondal.blogspot.com/2020/04/como-facer-comentarios-no-blogue.html )
Pois isto é todo por hoxe!
Ata mañá
Querémosvos moito!!

Comentarios

  1. Eu teño 1.048.291.200 segundos.
    ´Puff!!! Xa vou maior...

    ResponderEliminar
  2. Eu levo vividos 375.840.000 segundos

    ResponderEliminar
  3. eu levo vividos 366.249.600s

    ResponderEliminar
  4. Yo 371 .865 .600 segundos

    ResponderEliminar
  5. Soy yago EU teño 377.136.000

    ResponderEliminar
  6. Rosa
    Tengo 355.104.000

    ResponderEliminar
  7. MAURO, TENGO 373.248.000 SEGUNDOS

    ResponderEliminar
  8. Laura
    363.830.400 segundos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario