Recordatorio Como facer comentarios no blogue

Bo día a tod@s!!!
Estes días estamos a recibir algunhas dúbidas sobre como comentar no blogue, así que imos deixar aquí unha pequena explicación.

  1. O primeiro que teredes que ter en conta é que hai dúas opcións para comentar: a primeira é identificándovos co voso correo electrónico (para iso teredes que ter a sesión iniciada en gmail/hotmail...) e a segunda, sería facelo de maneira anónima.
  2. Unha vez aclarado isto, o espazo habilitado para deixar os vosos comentarios está xusto a continuación da entrada (publicación) que estea escrita. Concretamente, no noso blogue aparece este símbolo laranxa Comentando como palomakaifer@gmail.com e ao lado pon "introduce tu comentario..." Se pulsades encima de "introduce tu comentario", aparece unha opción de "comentar como". Se tedes a vosa sesión de correo electrónico iniciada, a primeira opción é comentar coa vosa identidade. Se, pola contra, non tedes a sesión iniciada, ou non tedes dirección de correo electrónico, poderedes comentar como "Anónimo/Unknown", pero entón teredes que identificarvos no comentario que deixedes para saber quen sodes.
  3. No caso de que xa houbera algún comentario, teriades que buscar o espazo "introduce tu comentario" na parte de abaixo de todo. 
  4. Agora, xa podedes deixar o voso comentario. Ah! Non esquezades marcar a casilla de "Avisarme" que hai debaixo para saber cando vos responden ao voso comentario (esta opción non está dispoñible se comentades de maneira anónima).
Para comprobar que o entendestes, ides deixar un comentario coa palabra "CAPISCI". Se tod@s o facedes, debería haber 30 comentarios.

         

Comentarios

Publicar un comentario