Xoves 18 de xuño de 2020

Ola, nenos e nenas de 6º de Primaria!
Hoxe é o último día que teredes unha entrada no blogue e queremos despedirnos de todos vós antes de entregar as notas e pechar este curso tan...raro.
Levamos uns meses de moito traballo e esforzo para sacar adiante este curso. Vós, como alumn@s, demostrastes que sodes capaces de superarvos día a día para continuar coas clases na distancia. Se por algo recordaremos este último curso de Primaria será polo ditoso CORONAVIRUS. Palabras que antes descoñecíamos como: pandemia, confinamento, corentena, fase ou seroprevalencia pasaron a formar parte do noso vocabulario habitual. Sen embargo, gustaríanos que tamén vos quede o recordo de que durante o último trimestre de 6º de Primaria, aprendestes a comentar nun blogue, a escribir un mail, a adxuntar un documento, a subir un arquivo a Google Drive, a editar un vídeo, a gravar unha cantiga, e moitas cousas máis que de non ser por este virus, probablemente non faríamos na clase. Así que, como todo nesta vida, temos que ver a parte positiva. E nós, como titor@s, queremos felicitarvos por este gran esforzo e queremos que saibades que estamos moi, pero que moi orgullosos de tod@s e cada un@ de vós. Sodes un grupo unido, que vos respectades e queredes e, como mestres, foi unha gran satisfacción poder traballar con vós. 
Comeza unha nova etapa na ESO e queremos que sempre teñades presente que con ilusión e esforzo, todo se consigue. Así que, moita sorte a tod@s. Descansade e disfrutade do verán. Vémonos polos corredores!!!
Unha forte aperta
Querémosvos
Cachiso e Paloma 

Comentarios

  1. nosotros tmb os hecharemos de menos

    ResponderEliminar
  2. Gracias ha vosotros ahora somos mejores.
    Os queremos.

    ResponderEliminar
  3. todos nosotros os queremos muchísimo y tsmbien me enseñastes
    mucho os quiero

    ResponderEliminar
  4. M oitas grazas por este estupendo curso

    ResponderEliminar
  5. Hola soy Javier,yo también os quiero muchísimo y me alegro mucho de haber trabajo con todos vosotros,tanto profes como compañeros de todos aprendí algo nuevo,siento no poder conectarme el último dia,pero se me estropeó el ordenador y estuve enfermo. Un saludo para todos,que paseis un buen verano y hasta el próximo curso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Javi, intentaremos facer unha última videochamada de despedida. Bicos😘😘😘

      Eliminar

Publicar un comentario