Deberes verán 2020

 
Recomendacións para pasar un verán 2020 inesquecible
6º Primaria
Os vosos "deberes" para este verán serán: 
1. Elixir, alomenos (poden ser todas) 15 tarefas das propostas na listaxe de abaixo. 
2. Repasar os contidos que máis vos custaron aprender durante este curso.  
3. Ser moi felicessssss!!!!!!!!!!!!!!!!
Tarefas propostas
Chamar a un amig@ diferente cada semana.
Dicirlle "quérote" tódalas veces que consideres necesarias a aquelas persoas ás que realmente   queres.
Escribir un diario.
Pasar unha semana sen xogar á "Play".
Ler un libro. 
Bañarse nun río. 
Ver 10 postas de sol desde diferentes lugares.
Plantar unha árbore ou planta. 
Ir a un museo.
Adxudicarche unha tarefa doméstica e facela sempre a partir de agora. 
Separar o lixo xenerado na tú casa para reciclalo. 
Decorar unha pedra. 
Estar un día enteiro sen móbil. 
Construír un robot con material reciclado. 
Facer un experimento científico. 
Contar estrelas. 
Aprenderse 5 chistes e contarllos a alguén. 
Representar unha obra teatral toda a familia, gravala e enviala por correo a un dos titores.
Ir á compra.  
Facer un concurso de postres co resto da familia con degustación incluída. 
Mandar un email a un prof@.
Imprimir unha foto especial e colgala na túa habitación. 
Facer unha carreira de bicis cun amig@.
Sorrir dende que te levantas ata que te deitas na cama.
Pintar un cadro.
Apadriñar/amadriñar un ser vivo.
Abrazar unha árbore.
Montar un moble.
Camiñar co teu avó/avoa.
Contarlle un segredo ao teu irmán/irmá/urmán/curmá.
Crear un Power Point cun tema que che gustara do cole.

Comentarios

Publicar un comentario