Ciencias Sociais xoves 4 de xuño de 2020

Vivimos nun mundo moi materialista onde todo parece que xira arredor do diñeiro, pero despois ocorren cousas que nos fan pensar, e caer na conta que hai situacións, momentos, vivencias... moi importantes na nosa vida que non teñen que ver co tema económico. Só temos que observar o que nos está acontecendo agora mesmo.
No tema 6 do libro de texto na páxina 121 hai un texto chamado "As cousas boas son gratis". Le o texto e contesta á actividade 1 .
Cando contestes, xustifica e explica ben as respostas. A pregunta 1a) ten dúas partes. A pregunta 1b) ten 3 apartados, non valen contestación do tipo: si, non,...

Comentarios

Publicar un comentario