1, 2, 3...comezamos nova semana!!!!

Ola, nosos rapac@s de 6º!!!!!
Aquí estamos unha semana máis cargad@s de enerxía e ganas de compartir con tod@s vós uns ratiños de traballo e tamén de diversión. 
Como sabedes @s que vos conectastes o pasado venres á videochamada, esta semana temos a xunta de avaliación e a semana que vén, entregaremos as notas. 
Así que, xa podemos dicir que estamos chegando a final de curso. Un final de curso ben diferente do que nos podiamos imaxinar, pero un fin de curso especial. 
Acabades unha etapa moi importante e deixades atrás uns anos preciosos da vosa infancia. Nós, como titor@s estamos moi orgullos@s de tod@s vós e desexámosvos moita sorte na seguinte etapa que vos espera a partir do curso que vén.
Esta semana, gustarianos que fixerades algo especial cada día da semana, así que imos deixarvos un pequeno calendario semanal para que vos organicedes e fagades cada unha das tarefas propostas:

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

REFLEXIONAR SOBRE A VOSA ÁRBORE FAVORITA E ESCRIBIR O SEU NOME NUN COMENTARIO DE BLOGUE NA ENTRADA DE CIENCIAS NATURAIS

PREPARAR UN BATIDO DE FROITAS CASEIRO

CHAMAR POR TELÉFONO A UN AMIG@ DO COLE

DICIRLLE "QUÉROTE" A UNHA PESOA QUE QUERES E NUNCA LLO DIXECHES

PREPARAR UNHA MERENDOLA DE FIN DE CURSO CON FESTA DE DISFRACES INCLUÍDA (ISTO FARÉMOLO POR VIDEOCHAMADA TODA A CLASE)

Que vos parece esta idea? Gústavos rematar así o curso?

Comentarios

  1. SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII
    CLAROO QUE SIIII

    ResponderEliminar
  2. A miña arbore favorita e a arbore de xupiter

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Gabri.
      Pero o da árbore é na outra entrada de Ciencias Naturais.

      Eliminar
  3. Respuestas
    1. Pois en principio, coma sempre, o venres.
      Pero se tes outra proposta, valorámola, Koke!

      Eliminar
  4. A miña arbore favorita e o castiñeiro
    Son yago

    ResponderEliminar
  5. Que bien!
    Me encanta esta semana!

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario