Xincana do confinamento


Ola nos@s cativ@s!!!!!
Hoxe traémosvos unha actividade moi completa...
Soamente @s máis rápid@s, áxiles, creativ@s, orixinais, talentos@s e con ganas de pasalo ben poderán conseguir o seu diploma final...
Tedes dende hoxe ata o último venres de maio (día 29) para completar os 6 retos que se explican nestas instrucións e conseguir as 6 coroas que vos acreditan. Hai que enviar cada reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles confirmarán que podedes tachalo da lista e avanzar ao seguinte! Lembrade dicir quen sodes, e en que curso estades!
Cando rematedes todas as tarefas enviádeme un correo a palomakaifer@hotmail.com, para conseguir o voso premio!!
Adiante, aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!
1.MÚSICA Elixide unha música que teña que ver co confinamento e expresade co voso corpo as emocións que vos produce. Gravádevos cun móbil e mandádello ao WhatsApp de Mari Vilas (653568391).
2. INGLÉS O voso reto para superar esta parte da xincana será gravarvos recitando un trabalinguas. Ides ver o seguinte vídeo e poderedes elixir un dos trabalinguas que aparecen. Con un chega pero se
alguén quere gravarse dicindo algún máis, adiante!
A gravación deste vídeo voso dicindo o “tongue twister” a enviaredes ao meu email (nerea.otero@edu.xunta.es) Cheers!
3. PLÁSTICA Que sabes facer? Pensa en algo no que sexas expert@, calquera cousa que queiras compartir, ensinar ou no que poidas axudar aos demais. Pode estar relacionado cun deporte, unha materia escolar, un idioma, unha receita de cociña...E elabora o teu anuncio.
Enviádello a marietapon@gmail.com
4. EDUCACIÓN FÍSICA “Que non Caia!” Se queredes conseguir tamén a coroa nesta materia o reto que debedes pasar é o seguinte: “Que non Caia!” Debedes coller unha pelota lixeira ou inflar un globo e conseguir dar ata 10 toques seguidos con 5 partes diferentes do corpo como mínimo, é dicir, podedes repetir cada parte unha soa vez e sempre e cando non sexan seguidas! Explícome, para dar os 10 toques podo dar 2 coa man, 2 co pé, 2 coa cabeza… pero non poden ser un despois doutro, terían que ser: 1 coa man,1 co pé, outro coa man, outro coa cabeza, outro co pé… comprendido?! Pois ao choio que estou agardando!! Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
5.VSC Para poder recoller a vosa coroa de Valores Sociais e Cívicos teredes que preparar unha entrevista a vós mesmos na que vos preguntedes e contestedes cousas relacionadas co confinamento: Qué sentíchedes cando dixeron que non habería cole ata novo aviso, cal foi o voso pensamento sobre o que ía acontecer, como se vive o confinamento na vosa casa, que cambios sucederon no voso día a día, como pensades que será a volta ao cole, os paseos e as saídas a partir de agora… teredes que elaborar 7 preguntas que vaian nesa liña e preparar outras 3 co que queirades saber e que ides realizar a persoas de interese nesta crise: Un profesional da sanidade, un responsable de educación e un político a nivel nacional. Para presentar a entrevista o máis recomendable é que o fagades en formato audiovisual, podedes disfrazarvos de periodista e de vós mesmos e gravar as preguntas e as respostas. 
Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
6. EDUCACIÓN ESPECIAL Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas e a súa relación coas emocións sentidas. Enviade todo a oteromiguelez.lucia@gmail.com

Comentarios

  1. O de práctica e nun vídeo ou por escrito Son yago de sexto

    ResponderEliminar

Publicar un comentario