Solucionario Ciencias Sociais xoves 30 de abril de 2020

SOLUCIÓNS XOVES 30 DE ABRIL DE 2020
ACTIVIDADES
1. Define que é o sector secundario.
Definición 1. É o sector que transforma materias primas en
produtos semielaborados ou elaborados.
Definición 2. É o sector que transforma a materia prima en pro-
dutos de consumo ou en bens.
Vale calquera das dúas.

2.Que actividades agrupa o sector secundario?
Artesanía, industria, transformación de enerxía e construción.

3.Cales son as zonas máis industrializadas do mundo?
Unión Europea (UE), Estados Unidos, Xapón, Australia...

4 Di 2 razóns polas que moitas industrias se van a países menos
desenvolvidos economicamente (máis pobres para entendernos).
1. Porque hai menos impostos. 2.Menos controis medioambien-
tais. 3. Gastos e salarios máis baixos.

5.Que tanto por cento da poboación española se dedica a este
sector.?
30 % da poboación.

6.Atendemos ao gráfico.
a) En que sector traballan máis mulleres?
Na industria.
b) Que tanto por cento cobra menos unha muller ca un home na
construcción? e na industria?
Na construción un 7%. Na industria un 30%
c) Cantas mulleres traballan por cada home no sector industria?
0.3 mulleres por cada home.( Divídese o número de mulleres entre
o número de homes. 790 dividido entre 2.500.)

Comentarios

Publicar un comentario