Os maios e Matemáticas luns 4 de maio de 2020

Olaaaaa!!!!
Como foi a fin de semana? Seguro que coas medidas da desescalada, tod@s estamos algo máis optimistas de cara a esta situación.
O xoves pasado propuxémosvos dúas preguntas relacionadas co mes de maio. 
  • A primeira delas, que facía refencia ao motivo polo que o venres era un día festivo, a resposta é que o 1 de maio é o Día do Traballador e se conmemora o movemento obreiro mundial. Foi o día no que os traballadores dunha fábrica de Chicago se manifestaron para reivindicar melloras laborais, como unha xornada de 8 horas en lugar das 12 que se viñan traballando.
  • A segunda pregunta era sobre unha festividade típica de Galicia no mes de maio. Pois ben, como moit@s de vós xa me mandastes por correo, unha tradición galega é celebrar os "maios", festas en honor á natureza e á primavera. No cole era habitual facer a escultura típica con flores, plantas e froitas, chamada tamén o "maio". 
E agora que xa tedes as respostas, falta que nos enviedes fotos cos vosos maios particulares. Recordade que cada un ten que facer unha pequena escultura usando elementos da natureza. 
Tedes ata o venres para facelo. 
Cambiamos de tema, xa que hoxe toca practicar un pouquiño de cálculo mental e poñer a proba a vosa rapidez contando. Déixovos o enlace a un xogo con 30 niveles de dificultade, no que teredes que ir calculando o resultado de distintas operacións. 
Cando acabedes, tedes que poñer o nivel ao que chegastes nun comentario a esta entrada. (Non é unha competición nin vai levar máis nota o que consiga mellor puntuación, simplemente é para comprobar como estades en cálculo mental).
Ánimo!!!
Moitos bicos!
https://www.cokitos.com/calculo-mental-rapido/play/

Comentarios

  1. Fue muy rápido el tiempo, pero logré llegar también al nivel 3.

    ResponderEliminar
  2. Respuestas
    1. Que Alba?
      Acordádevos de especificar...
      No exercicios de calcular a idade en segundos, tampouco sei que Alba é.

      Eliminar

Publicar un comentario