Nova semana á vista

Olaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!
Como foi a finde? Fixestes algo especial? Nós comezamos esta semana con moita ilusión, xa que despois de moitas semanas, imos volver ao cole para recoller as vosas cousas e darllas ás vosas familias. Recordámosvos que hoxe avisaremos a cada unha para que saiban a que hora teñen que vir mañá a recollelas. Tamén cun pouco de tristeza porque isto significa que non imos voltar ás clases presenciais, algo co que aínda soñabamos hai uns días. 
De tódolos xeitos, xa vos dixemos que intentariamos volver a vernos antes de rematar este curso, polo menos para despedirnos e pechar esta etapa en Primaria. 
Queremos que saibades que estamos moi orgullosos de tod@s vós polo gran traballo que estades facendo durante o confinamento. Sabemos que é unha situación complicada e aínda así, estades ao pé do canón día tras día. 
Esta semana, queremos que vos centredes na "Xincana do Confinamento", así que intentaremos non sobrecargarvos con demasiadas tarefas. Hoxe, por exemplo, tedes soamente que completar unhas actividades de Ciencias Naturais. 
Se alguén quere comentar o que fixo esta fin de semana, estaremos encantad@s de ler as vosas respostas. 
Unha forte aperta!!!
Ata mañá

Comentarios

  1. En el reto de plástica se puede grabar en vídeo el anuncio

    ResponderEliminar
  2. Axudan a miña tía na finca , fomos dar paeos ,xoguei ao fútbol e ao fortnite e nada máis

    ResponderEliminar
  3. Mauro, estiven moito tempo na piscina e tamén saimos a andar polo monte e a visitar a miña tía.

    ResponderEliminar
  4. EU TIVEN UN FINDE MOI ENTRETIDO.FUN A CASA DA MIÑA AVOA E TAMEN COA MIÑA PRIMA,FOMOS A FINCA A COLOCAR UNHA CANCELA,LOGO FUMOS A PASEAR AO MONTE E NOS BAÑAMOS NUN RIO,FOI MOI DIVERTIDO.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario