Matemáticas venres 29 de maio de 2020

Olaaaaaaaa!!!!!
Xa estamos a venres!
Ás 12h teremos videoconferencia a través de ZOOM cos seguintes datos: 
E outra cousa, hoxe remata o prazo para enviar a confirmación de ter rematada a xincana. 
A partir da semana que vén tedes que estar todos e todas ao día na entrega de tarefas para poder dar por rematado este curso e valorar o voso traballo durante estes meses. 
Hoxe, de matemáticas, quero repasar un tema que xa vimos o curso pasado: a xeometría. 



Para iso, quero que miredes este vídeo e que vos fixedes tamén nas imaxes que vos puxen arriba. 
Como tarefa, teredes que facer un esquema na vosa libreta cos polígonos que aparecen no vídeo, incluíndo un debuxo de cada un deles, número de lados e clasificación según o número de lados, según o tipo de ángulo e según os seus lados e os seus ángulos. Recordade coidar a presentación e utilizar a regra para debuxar os polígonos!!!
Aquí vai o vídeo: https://youtu.be/fobhsYGab40
Vémonos ás 12h.
Bicos


Comentarios

Publicar un comentario