Matemáticas luns 11 de maio de 2020

Ola, nenas e nenos!!!!!!
Como foi a fin de semana? Fixestes algo en especial? Xa sabedes que a partir de hoxe xa podedes ir visitar aos vosos familiares, así que pouco a pouco imos volvendo á unha nova normalidade.
Esta semana temos varios temas dos que tratar:
1º- videoconferencia: recomendáronnos a aplicación Cisco Webex, así que estade atent@s ao blogue porque informaremos do día e da hora para "quedar".
2ª- esta semana, como xa sabedes, enviaremos un boletín informativo por TokApp ás vosas familias cun resumo do voso traballo ata agora.
3ª- o domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero, aínda que por mor do coronavirus aprazáronse as celebracións ao 31 de outubro.
4ª- esta semana sería a vosa excursión de fin de curso!!!!! E para que non quededes sen ela, imos intentar que sexa especial e tratar de facer actividades máis amenas para que teñades tamén o voso pequeno momento de relax, como se estiverades de excursión.
Así que, moito ánimo e forza para afrontar esta nova semana!!
Recórdovos que o mércores tedes que entregar a ficha de divisibilidade da semana pasada.
E hoxe, quero que recordedes os criterios de divisibilidade que estudamos este curso. Para iso, mándovos unha foto cun resumo de tódolos criterios e algún máis que non expliquei pero si falei del. Como exercicio para hoxe, quero que fagades a seguinte actividade interactiva (despois de ver e recordar os criterios), son 10 preguntas que poderedes autocorrixir ao acabar. Escribide a vosa puntuación nun comentario de blogue (recordade que é para practicar, non é unha competición nin vai ter mellor nota a puntuación máis alta):
https://www.superprof.es/apuntes/escolar/matematicas/aritmetica/divisibilidad/ejercicios-interactivos-de-criterios-de-divisiblidad.html


Comentarios

  1. Rosa 60% de aciertos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario