Excursión fin de curso día 3: Xincana Ciencias Naturais

MISIÓN IMPOSIBLE: A volta ao mundo en 14 preguntas

Hoxe propoñémosvos dar a volta ao mundo a través de 14 preguntas. En cada pregunta tedes que descubrir (buscando en Internet se o precisades) unha montaña, animal, país, etc. e esa resposta vaivos dar unha pista para responder á seguinte pregunta, polo tanto, para saber a resposta á pregunta 2 necesitades a resposta á pregunta 1, e así sucesivamente ata chegar a resposta á última pregunta. Dúas recomendacións:

- CADA VEZ QUE TEÑADES A RESPOSTA A UNHA PREGUNTA BUSCADE FOTOS EN INTERNET e disfrutade desas paisaxes, animais, bosques, xa que son todos espectaculares!!!!

- SE NON ATOPADES INFORMACIÓN EN GOOGLE EN GALEGO, BUSCADE EN CASTELÁN (E SE VOS ATREVEDES EN INGLÉS!), xa que hai información diferente dependendo do idioma.

Aí van as preguntas:

1) En que illas está a colonia máis grande do mundo de gaivotas patiamarelas?

2) Nas antípodas destas illas, atópase outra illa bañada por un mar con nome de demo e cun lago burbulleante de moitas cores. De que illa falamos?

3) Non moi lonxe e un pouco máis ao norte, atópanse unhas illas que forman un país con nome de galleta. Nese país hai unhas montañas cun nome rico, rico. Seguro que volas comeriades. Como se chaman esas montañas?

4) Agora imos deixar as illas e o mar e imos a penetrar no continente ao que pertencen as montañas e o país do que falamos no punto 3. Neste continente, existen unhas espectaculares montañas que inspiraron os escenarios dunha película con personaxes azuis. De que país falamos?

5) Na fronteira dese país está unha montaña que serve de fronteira con outros países, famosa pola súa altura. Que montaña é?

6) Existe un país que empeza pola mesma letra que esa montaña. Nese país atópase o único lugar da Terra onde non existe vida. De que país falamos?

7) No mesmo continente que o país do punto anterior, existe un animal moi curioso, que só se atopa alí e que parece unha mestura dunha cebra e doutro animal. De que animal estamos a falar?

8) O país onde viven eses animais limita con outro país cunhas cataratas moi famosas, sen dúbida, as máis grandes do continente. Que cataratas son?.

9) Agora crucemos o océano Atlántico e……estamos noutro continente. Neste continente existen outras cataratas moi famosas e que foron noticia este ano porque levaban moi pouca auga. Cales son?

10) No mesmo continente que estas cataratas atópase unha selva moi importante para o planeta Terra que é Patrimonio da Humanidade. Cal é?

11) No mesmo continente pero no norte existe outro lugar declarado Patrimonio da Humanidade no que está un parque natural cunhas árbores moi grandes no que se rodou “A guerra das galaxias”.

12) Nese parque existe unha árbore xigante e famosa. Esa árbore ten un nome igual a un dos satélites dun planeta do sistema solar. Que planeta é?

13) O planeta que está xusto antes do planeta que descubristes no apartado anterior (empezando dende o Sol), ten un satélite cun nome con só dúas letras. Que satélite é?

14) Agora, pon unha “ H” diante dese nome. Onde chegamos?

Envía por correo o lugar de saída e o lugar de chegada a jacobogarcia@edu.xunta.gal





Comentarios

  1. hola son Víctor xa rematei. Ai unhas preguntas que non contestei porqué estuben moito rato buscando e non pude mais completei seis e os que non fixen son oito. Te o mando pola tarde.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario