Excursión fin de curso día 2

Bueno, xa coas maletas feitas, arrancamos a nosa viaxe!!!!
Pero, as preguntas máis habituais cando falamos da excursión de fin de curso son: 
  • Podemos elixir compañeir@ co que sentarnos no bus?
  • De cantas persoas son as habitacións? 
Pois ben, a actividade proposta para hoxe consite en:
  • Escoller a 1 compañeir@ de viaxe (non poderá ser do teu grupo habitual de amizades) e pensar nunha pregunta que te gustaría facerlle (a pregunta vámoslla facer de verdade pero de maneira anónima, así que aproveitade para preguntar todo aquilo que nunca lle plantexarías noutras circunstancias). 
  • Facer un grupo de 5 persoas (incluíndote a ti mesm@) coas que durmir na habitación e explicar por que as elixiches. 
Tedes que entregar por escrito o nome da persoa elixida e a pregunta que lle farías; e o nome das 4 persoas e o motivo polo que as escolliches. Por mail a palomakaifer@hotmail.com
Intentade pensar un pouco antes de escribir calquera "chorrada". 
E mañá, temos unha cita ás 16:00 a través da aplicación Cisco Webex. 
Tedes que meter este enlace para acceder directamente á reunión: 
O número de reunión é 954 995 700
O contrasinal é 2K8JekiqSM6
Podedes ir entrando hoxe para familiarizarvos coa aplicación. Que ganas temos de vervos a todos e a todas!!!!!
Ata mañá!!!
Un bico enorme

Comentarios

  1. quien quiere dormir en mi habitación

    ResponderEliminar
  2. quien quiere q sea el compañero de bus

    ResponderEliminar
  3. Quién quiere ser mi compañero de bus y de habitación?

    ResponderEliminar
  4. hola soy Víctor ya acabe, te lo mando por la tarde.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario