Excursión fin de curso día 1

Bos días, nenos e nenas de 6º!!!!!!
Hoxe é mércores, 13 de maio de 2020, e iso quere dicir...que nos vamos de excursión!!!!!
En realidade, xa sabedes que co estado de alarma, todavía non sabemos se se van retomar as clases e moito menos, se poderemos volver a vernos antes de rematar este curso 19/20. 
Sen embargo, non queremos que acabedes 6º de Primaria sen ter a vosa merecida excursión de final de curso. Así que, os vindeiros tres días van ser especiais...
Para comezar, como toda viaxe, necesitamos levar equipaxe. 
A tarefa de hoxe consiste en elixir 10 obxectos que consideredes imprescindibles á hora de ir de excursión. Ademais de escribilos nunha lista, teredes que facer a maleta ou a mochila e metelos dentro (de verdade). Despois, teredes que explicar para que utilizaríades cada un dos 10 obxectos elixidos e por que son imprescindibles para vós. 
Podedes facer esta actividade escrita, oral, nunha presentación, nun audio...En fin, cada un e unha de vós pode entregala no formato que prefira. Pero temos que ver a lista de obxectos, a maleta feita e a explicación de cada un dos obxectos. 
Cando teñades a lista, a maleta e a explicación, mandarma a palomakaifer@hotmail.com
Bicos e ata mañá!



Comentarios

Publicar un comentario