Edición Especial venres 8 de maio de 2020

Como xa vén sendo habitual ultimamente, temos algunha sorpresa preparada para despedir a semana. Neste caso, o vídeo co primeiro día que saístes á rúa durante o confinamento (só enviaron o vídeo AlbaB., Breixo e Rodri S.) e as fotos dos vosos Maios (que tampouco fostes tod@s). Por certo, mirade ben a quen lle enviades os correos, porque nos está pasando que recibimos correos que non son para nós e despois non localizamos o material. No caso dos Maios, moit@s enviastes as fotos a Cachiso, e na actividade estaba especificado que era para Paloma.
Temos, ademais, un par de cuestións que plantexarvos:

  • A primeira é que a semana que vén enviaremos por TokApp outro informe ás vosas familias para que saiban como estades traballando dende a aula virtual. Como sempre, queremos recordarvos a importancia de levar as tarefas ao día. Durante a fin de semana podedes aproveitar para facelo e enviarnos aquilo que aínda tedes pendiente. 
  • A outra cuestión que vos queriamos comentar é se vos gustaría facer unha conexión en directo vía Zoom (aplicación para facer videoconferencias). Estabamos pensando en conectarnos a semana que vén para saudarnos e saber como estades. Comentar aquí se vos gustaría.
Deixámosvos co vídeo que preparamos: https://drive.google.com/open?id=1LLkmoIvu2NoCe3rLO6wH7tVEPGUjFKr4
Querémosvos moito!
Bicos

Comentarios

  1. Respuestas
    1. Ok, Mario.
      Por certo, tes bastantes cousas pendientes de Lengua e de Mate.
      Necesitas axuda?
      Un saúdo

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. Alba, nunca sei que Alba escribe. Revisa os teus comentarios de Mate de calcular a túa idade en segundos e do xogo de cálculo mental, porque non sei se escribiu Alba B. ou Alba P.
      Bicos

      Eliminar
  3. Me gusta mucho la idea. Por mi sí

    ResponderEliminar
  4. No se me escucha casi nada jajaja.Visto

    ResponderEliminar

Publicar un comentario