Comunicación venres 8 de maio de 2020

Xogamos ás adiviñas?
Imos plantexarvos unha actividade de expresión corporal e de comunicación non verbal. Cada un de vós terá que gravar un vídeo no que mediante a mímica (sen sons) terá que representar algunha emoción (podedes disfrazarvos, maquillarvos...). Recordades o "Emocionario" que lemos na clase? Pois podedes inspirarvos neste libro para elixir a emoción que máis vos guste. Deixámosvos o enlace para que entredes directamente ao Emocionario:
Unha vez que teñades o vídeo, subídeo a GoogleDrive e compartides o enlace nun correo a palomakaifer@hotmail.com xunto co nome da emoción representada. Logo, farei unha montaxe con todos os vosos vídeos e teredes que adiviñar as emocións correspondentes. 
Imos aló!
Luces, cámara...acción!!!


Comentarios

Publicar un comentario