Comunicación mércores 20 de maio de 2020

Ola rapac@s! 
Como vos foi na tarefa que vos encomendamos para o domingo?: "O GALEGO EN FAMILIA". 
Imaxino que habería de todo: uns que o levastes tal cual e outros non tan ao pé da letra. Ben, trátase de que me contedes como foi a experiencia: se falastes galego toda a xornada, se só nunha parte do día, con quen o falastes... Pois iso, contarme todo con pelos e sinais.
Cando acabedes de contarme como foi a experiencia, necesito que me poñades diferentes razóns, circunstancias, onde credes que é bo expresarse en galego. Poñede todas as que se vos ocurran.
Tratar de xustificar por que o galego é útil nas nosas vidas.
Envidade as vosas respostas a cachiso@gmail.com
Un saúdo!

Comentarios

  1. Eu vouche contar unha situación na que considero que é bo expresarse en galego, aquí, comentando no blogue!
    Apertas compañeira e compañeiro! E apertas tamén as alumnas e os alumnos! :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estupendo, Alberto!!!
      Un moi bo exemplo para expresarse en galego...
      Apertas

      Eliminar
  2. podese facer nun video por favor Cachiso.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario