Comunicación martes 5 de maio de 2020

Onte remataba o prazo para entregar as preguntas sobre o mes de maio. Xa colgamos as solucións e aínda hai moita xente que non enviou as súas respostas.
Recordámosvos a importancia de ter o traballo ao día para poder seguir o ritmo das clases virtuais.  Pedímosvos que aquelas tarefas que se vos pide enviar, o fagades dentro do prazo marcado. Esta semana traballaremos bastante sobre este tema (os Maios) e o venres deberiades ter feito o voso propio Maio e mandar unha foto onde saiades vós tamén.
OS MAIOS
Xa sabedes que dentro das moitas celebracións que se fan en Galicia está a dos Maios. No Morrazo non hai moita tradición de celebrar esta festa, pero en Marín, Pontevedra e aínda máis en Ourense son moi populares.
Os Maios teñen 2 partes ben diferenciadas:
- Por un lado, está a figura que se fai con aramio, madeira e vexetais (flores, fiúncho, musgo..) e que tedes que facer vós para o venres.
- Por outra banda, as coplas que se compoñen para despois ser cantadas acompañadas por unha percusión que se fai con dous paus.
Mándovos unhas fotos dun maio que se fixo este ano en Marín para que vos fagades unha idea de como é. Ter en conta que as persoas que levan o maio van por toda a parroquia, lugar, cidade portando a figura e cantando. Este ano por todo o que está pasando non puideron facelo así, pero non renunciaron á celebración.





Dito todo isto, propóñovos escribir unha estrofa para ser cantada. A estrofa ten que ter catro versos de oito sílabas e teñen que rimar os pares. o tema das estrofas deste Maio de 6º deberían referirse á situación que estamos pasando: estar na casa confinados, non poder ver á familia nin aos amig@s, non poder ir á escola... Xa fixemos composicións deste tipo na clase, por exemplo no Entroido. Se sodes capaces de facer máis dunha estrofa mellor. A miña idea é facer unha recompilación e cantar un Maio entre todos.
Un exemplo podería ser:
Non poden saír os maios Non- po-den-sa-ír-os-ma-ios 8-
por un virus traicioneiro, por-un-vi-rus-trai-cio-nei-ro 8a
pero no teletraballo, pe-ro-no-te-le-tra-ba-llo 8-
si que o celebraremos. si-que-o ce-le-bra-re-mos 8a
Agora seguiriades vós coas vosas estrofas. Veña animádevos que nos pode quedar un traballo bonito.

Mandádeme as estrofas ao meu e-mail: cachiso@gmail.com

Comentarios

  1. Yo ya te lo envié pero no me contestaste. Te lo vuelvo a enviar porque igual no te llego??

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. igual aún no t lo miraron

      Eliminar
    2. Gabri, EU non teño ningunha estrofa túa, igual te refires á escultura. A min hai que mandarme as estrofas.

      Eliminar
  2. Si me equivoqué me refiero a las preguntas del día 1 de mayo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gabri, recibín un correo hoxe á mañá.
      Estiven buscando na bandexa de entrada e non tiña as túas preguntas en ningún outro correo.
      Enviarías a outra dirección?
      Revisa os teus correos enviados e me dis.
      Bicos

      Eliminar

Publicar un comentario