Comunicación martes 12 de maio de 2020

Ola rapac@s!

Queremos recordarvos que algúns e algunhas aínda tedes unha estrofa sobre o Maio pendiente de ser entregada. Para @s que xa a entregastes, queremos que a gravedes e nos enviedes o vídeo (a calquera dos titores) para xuntar tódalas estrofas e facer unha pequena cantiga. E para non deixar de lado este mes de maio...

Xa sabedes que o día 17, ou sexa este domingo, é o Día das Letras Galegas, pero este ano polas circunstancias que nos tocou vivir, non vai ser posible celebrar esta festa tan nosa por todo o alto, e queda aprazada ata o 31 de outubro. Ademais, no noso cole era unha tradición facer unha xincana con tódol@s alumn@s do cole.

Nós, dalgunha maneira, faremos referencia a este día tan especial. Primeiro faremos algunhas pescudas. Tedes que averiguar:

1. Que se festexa exactamente ese día?

2. Por que é ese día (17 de maio), e non outro?

3. En que ano se empezou a celebrar o Día das Letras Galegas?

4. Sempre se homenaxea a un autor/a. A quen lle toca este ano (aquí xa tedes unha pista que vos demos onte)?

5. Cal foi o primeiro/a homenaxeado/a?

6. Que condicións ten que cumprir un escritor/a para poder ser homenaxeado/a?

7. Que tipo de celebración che gustaría que fixeran no teu Concello para conmemorar este día? Ten en conta que non pode haber concentración de xente.

Enviades as vosas respostas a:

palomakaifer@hotmail.com (o alumnado de 6ºA)

cachiso@gmail.com (o alumnado de 6ºB)


Comentarios

Publicar un comentario