Ciencias Sociais mércores 27 de maio de 2020

Bos días a todos e a todas!!! Xa sabedes que esta semana queremos que vos animedes a facer toda a clase a "Xincana do confinamento", así que soamente vos poremos unha tarefa cada día. Ademais, con estes días, supoñemos que estaredes aproveitando para ir á praia, piscina, monte...non?
Onte puidemos vervos a algún de vós e nos encantou poder reencontrarnos, aínda que fora con mascarillas e sen poder abrazarnos. @s que non puidestes vir, non vos preoucpedes, xa que en xuño esperamos poder volver a reunirnos no cole para despedir o curso como vos merecedes. Apetécevos? Agora cambiamos de tema, imos coa tarefa para hoxe:
Despois de ler no libro de texto de Sociais a páxina 114, na que se fala do turismo, contestade ás seguintes preguntas (tamén podedes consultar en internet)
1. Define "turismo".
2. Di 3 cousas que buscan os turistas cando visitan España.
3. Que tanto por cento aporta o turismo nos ingresos anuais de España?
4. Que posto ocupa España no mundo atendendendo ao número de turistas que recibe?
5. Cantos turistas nos visitaron no ano 2019.
Enviar a cachiso@gmail.com

Comentarios

Publicar un comentario