Ciencias Naturais mércores 6 de maio de 2020

Ola, rapaces e rapazas!
Esta semana seguimos traballando o tema dos plásticos, que comezamos a semana pasada.
Os datos e as cifras recollidos son espeluznantes. Sería optimista dicir que o dano feito é reversible, especialmente tendo en conta que as nosas vidas seguen un ritmo cada vez máis acelerado e que nós mesmos contribuímos á produción de obxectos dun só uso por ser máis prácticos.
No seguinte video veredes o dano causado polos residuos plásticos no noso planeta.
https://www.youtube.com/watch?v=WkWs2ljF904
Agora contesta a estas preguntas:

  • Cres que sería posible quitar todo o plástico dos océanos?
  • Cres que aumentou o uso de plásticos durante o confinamento? Por que?
  • Indica cinco medidas que levarás a cabo o próximo ano para reducir o uso de plásticos.
Enviar as vosas repostas ao meu correo: jacobogarcia@edu.xunta.gal

Comentarios

Publicar un comentario