Ciencias Naturais mércores 20 de maio de 2020

Bos días!!!!
Seguindo co tema da enerxía, hoxe imos falar das fontes de enerxía renovables, en contraposición aos combustibles fósiles dos que falamos anteriormente. 
As fontes de enerxía renovables son unha alternativa sostible aos combustibles fósiles e a outros tipos de enerxía non renovables debido ao seu baixo impacto medioambiental. Dito isto, responde ás seguintes preguntas:
1. Que tipos de enerxías renovables existen?
2. Que tipos de enerxía renovables serían os máis adecuados para a zona onde vivimos? (O Morrazo, Galicia…). Escribe unha breve reflexión de por que serían eses os máis axeitados e non outros. 
Como sempre, enviade as vosas repostas a jacobogarcia@edu.xunta.gal

Comentarios

Publicar un comentario