Ciencias Naturais luns 25 de maio de 2020

A deforestación é a eliminación de bosque e selvas por parte dos humanos para o uso e disfrute das terras con fines non forestais. As árbores taladas utilízanse para a construción ou véndense como combustibles.

Visualiza o seguinte vídeo e contesta ás preguntas:


1. Cales son as principais causas da deforestación?

2. Cales son as consecuencias?

Enviar  respostas por correo a: jacobogarcia@edu.xunta.gal

Datos de interese sobre a deforestación:

- Cada ano, a deforestación implica a completa tala de árbores nunha extensión case equivalente á comunidade autónoma de Andalucía.

- Os estudos indican que se seguimos destrozando as selvas á velocidade actual, no próximo século poderían desaparecer por completo.

- A selva amazónica aporta o 20% de osíxeno á Terra.

- Case o 50% das selvas tropicais da Terra foron destruídas total ou parcialmente, sen embargo é nelas onde vive o 7% do total de especies de fauna e flora.

Comentarios

Publicar un comentario