Ciencias Naturais luns 11 de maio de 2020

Bos días unha semana máis!!!
Hoxe imos falar dos COMBUSTIBLES FÓSILES.
Os combustibles fósiles son fontes de enerxía non renovables que cando se queiman utilizan osíxeno (O2) e desprenden dióxido de carbono (CO2).
Responde ás seguintes preguntas buscando a información que precises no libro de texto ou en internet:
1. Cales son os combustibles fósiles?
2. Por que se chaman así?
3. Por que cres que os utilizamos tanto?
Enviarmas por mail. 
Un saúdo

Comentarios

Publicar un comentario