Mércores Semana Santa

Ola!!!
Hoxe queremos que fagades unha pequena reflexión vendo esta curtametraxe sobre a SOLIDARIEDADE, un valor moi necesario, sobre todo, na situación que estamos a vivir estas semanas. Porque todo o esforzo que estades a facer quedándovos na casa, é un gran xesto de solidariedade.

  • Por que cambiou a súa maneira de actuar o protagonista da curta?
  • Considerades importante facer cousas para axudar aos demais?
  • Como poderiades seguir axudando vós a levar mellor o confinamento?

Animámosvos a deixar os vosos comentarios.
Dende aquí queremos darvos as GRAZAS!
Ánimo, que pronto volveremos á normalidade!

https://youtu.be/aF4lMplHxfk

Comentarios

Publicar un comentario