Matemáticas mércores 15 de abril de 2020

Bo día!!!!!
Xa vexo que pouco a pouco ides enviando as vosas tarefas atrasadas...MOI BEN, esa é a actitude!
Recordade que para levar mellor o traballo a través da aula virtual, é fundamental que intentedes estar ao día.
Dito isto, como xa vos comentei onte, imos comezar co tema do "Sistema Sexaxesimal".
@s que estabades comigo o curso pasado, recordaredes que escollimos diferentes obxectos da clase para calcular a medida dos seus ángulos.
Pois ben, como probablemente non teñades transportador de ángulos nas vosas casas, o exercicio de hoxe consiste en coller un reloxo de agullas e indicar as horas nas que as agullas forman (por favor, poñede varios exemplos de cada tipo de ángulo):
Ángulos rectos (90º)
Ángulos agudos (<90º)
Ángulos obtusos (>90º)
Ángulos llanos (180º)
Ángulos completos (360º)
Facede o exercicio na vosa libreta e, enviade unha foto ao mail.

Por favor, identificádevos tanto nos comentarios do blogue, como nos mails para saber quen entrega as tarefas.

Moitos bicos!

Comentarios

  1. A mi no m deja mandar fotos desde el ordenador

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Poderías sacar a foto co móbil e desde aí pasala ao ordenador???
      Utilizando o cable USB pódense transferir os arquivos.
      Proba e nos dis se funcionou.
      Unha aperta!

      Eliminar
    2. a mi m deja sacar fotos no enviar

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. Samu, non tes a opción de sacar cun móbil ou cunha cámara e pasar as fotos ao ordenador?

      Eliminar
  3. Acabo de incluír una subliñado para que poñades máis dun exemplo para cada tipo de ángulo. Que soamente estades poñendo un!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario