Martes Semana Santa

Ola!!!!!
En realidade hoxe soamente imos pasarnos por aquí para facervos un resumo do traballo que deberiades ter entregado antes de rematar a Semana Santa. Entre parénteses aparece a etiqueta para poder buscar a entrada correspondente no blogue. Se premedes na pestana da dereita que pon "Traballo clasificado por días" atopades cada día.

  • COMUNICACIÓN: 
    • Noticia de galego (Luns 16 de marzo de 2020)
    • Vídeo recitando unha poesía (Luns 23 de marzo de 2020)
    • Información ríos do Morrazo e lenda (Xoves 26 de marzo de 2020)
    • Preguntas texto Carlos Casares (Luns 30 de marzo de 2020)
    • Continuar nó e desenlace da historia das xemelgas (Xoves 2 de abril de 2020)
  • MATEMÁTICAS:
    • Ficha voluntaria repaso operacións con fraccións (Venres 27 de marzo de 2020)
    • Ficha titulada "Para seguir sobrellevando el aislamiento" (Venres 27 de marzo de 2020)
    • 3 exercicios de lóxica (Xoves 2 de abril de 2020)
  • PLÁSTICA: facer un cómic (Mércores 18 de marzo de 2020)
  • VSC: foto calcetíns (Xoves 26 de marzo de 2020)

Ademais deste traballo que deberedes ter entregado, hai actividades que, aínda que non se vos pediu que as entregárades, tedes que telas feitas nas libretas correspondentes. 
Así que, revisade as vosas entregas, que aínda faltades moitos por entregar cousas...
Bicos dos titores!!!! 


Comentarios