Ola a tod@s!!!!!!
Como foi o descanso de Semana Santa?
Alguén seguiu visitando o blogue durante eses días?
Bueno, hoxe comezamos con moitas ganas e tamén algunha novidade importante...
A primeira delas é que tedes nova profe de inglés!!!! Como tod@s sabedes, Mariví xubilouse e agora temos a Nerea!!! Xa podedes ver a súa presentación na entrada de hoxe.
Outra novidade, pero non tan significativa, é que o blog incorporou unhas pestanas coas etiquetas das diferentes asignaturas. Se premedes no nome da asignatura, aparecerán tódalas entradas correspondentes a esa materia. Así será máis doado localizar o traballo que tedes que facer de cada unha delas. (Tamén seguides tendo a opción de buscar as entradas clasificadas por día).
Ademais, na marxe inferior dereita, tedes tódolos correos d@s vos@s mestr@s para poñervos en contacto ou entregar tarefas.
Por último unha foto de Entroido como cabeceira.
Recordarvos que cando enviedes unha tarefa ao mail, ou escribades un comentario no blogue, vos identifiquedes para poder saber quen sodes.
E sen máis, tódolos vosos profes vos mandamos unha forte aperta.
Mans á obra!!!

Welcome Nerea
ResponderEliminar