Comunicación xoves 2 de abril de 2020


Rapac@s propoñémosvos unha actividade creativa. Nós dámosvos o inicio dun relato, e vós tedes que continuar escribindo o nó e o desenlace. Poñédelle un título.

Podedes elixir facelo en castelán ou en galego, é máis, se vos animades nas dúas linguas, podedes facer dous relatos co mesmo comezo pero diferente nó e desenlace. Veña imos ser escritores por un día!



OS RELATOS MANDÁDELOS AOS NOSOS CORREOS. DURANTE A SEMANA SANTA. OS DE GALEGO AO CORREO DE CACHISO E OS DE CASTELÁN, A PALOMA.



O relato comeza así:



(CASTELÁN) Les preparó el almuerzo y salieron a la calle . Como cada día, llevaba a sus hijas gemelas al colegio. Caminaban tarareando una canción y cogidas de la mano cuando el teléfono sonó desde su bolso. Era del trabajo. Respondió rápidamente y su interlocutor le pidió que acudiera de inmediato a la oficina. Había ocurrido algo grave, así que decidió que las niñas continuaran solas; conocían bien el camino. Las besó en la frente y emprendió la ruta de vuelta. Solo dio veinte pasos. A sus espaldas, el ruido de un frenazo hizo que volteara la cabeza con una expresión de horror en el rostro. Las niñas no estaban...

________________________________________________________________

(GALEGO) Preparoulles o almorzo e saíron á rúa. Como cada día, levaba ás súas fillas xemelgas ao colexio. Camiñaban tarareando unha canción e collidas da man cando o teléfono soou dende o seu bolso. Era do traballo. Respostou axiña e o seu interlocutor pediulle que acudira correndo á oficina. Ocorrera algo grave, así que decidiu que as nenas continuaran soas; coñecían ben o camiño. Bicounas na fronte e emprendeu o camiño de volta. Só deu vinte pasos. Ás súas costas, o ruído dun freazo fixo que xirara a cabeza cunha expresión de arrepío na súa face. As nenas non estaban...

Comentarios

Publicar un comentario