Comunicación xoves 16 de abril de 2020

Hoxe toca un pouco de gramática...en concreto imos ver o VERBO.
Aos verbos identificámolos polo infinitivo, por exemplo:
comeron é do verbo comer,
están é do verbo estar,
subirán é do verbo subir...
Os infinitivos acaban sempre en  -ar (1ª conxugación), -er (2ª conxugación) ou -ir (3ª conxugación). No texto proposto tes que buscar os verbos e poñer cal é o seu infinitivo e a que conxugación pertence. Se o atopas xa en infinitivo déixao así. Primeiro sulíñao e despois escríbeo. Fai todo na libreta e manda unha foto a cachiso@gmail.com
                     
TEXTO
Xerardo puxérase  de parrafeo, pasáralle o tempo e cando se deu conta, o barco xa marchara sen el. Non tería xurelos para esa noite e deulle rabia.
Mentras matinaba nestas lerias, escoitou unha voz. Era un peixe, que o chamaba polo seu nome! Xerardo asustouse, pero nunca tal vira..., pero respondeulle. Falaron un bo anaco e fixéronse amigos. Agora Xerardo xa non come peixe; prefire a carne.




Comentarios

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Como che dicía antes non teño constancia do que fas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario