Comunicación martes 21 de abril de 2020

Bos días!!!!
Antes de comezar coa tarefa para hoxe, queremos recordarvos que tedes que gravar o vídeo para o Día do Libro (as instrucións están na entrada de Comunicación de onte). Soamente recibimos os vídeos de seis persoas de todo 6º, así que, mans á obra! 
Preferiblemente, como os vídeos ocupan moito, subídeo a Google Drive e compartide o enlace dende alí no correo electrónico. Se alguén ten algunha dúbida de como facelo, que nos escriba un mail.

Para hoxe imos cun pouco de ortografía.
No enlace que atopades aquí abaixo, tedes que pasar oito fases dun xogo no que teredes que utilizar correctamente as palabras porque, porqué, por que e por qué en castelán. Ao rematar, anotaredes na vosa libreta as fases que conseguistes superar e unha definición de cada una desas catro palabras (por favor, coidade a presentación!). Cando o teñades, foto e envío express a palomakaifer@hotmail.com
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-lengua-castellana-ortografia
Bicos!


Comentarios

  1. bos días Paloma , son Víctor , o xogo non me carga

    ResponderEliminar
  2. a min non me vai o xogo dos porques por que etc...so me poñen outros xogos , candy saga e máis pero ese xogo non m deixa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Aarón. Supoño que o problema será o mesmo que o de Naturais do outro día.
      Fai falla ter o programa Adobe activado para poder ver o xogo.
      Dende o móbil é máis complicado.
      Tes a opción de traballar dende un ordenador?

      Eliminar

Publicar un comentario