Bos días, nenos e nenas!!!!
Esta semana comezamos con boas noticias, e é que xa imos vendo avances para ir recuperando pouco a pouco a normalidade.
A falta de confirmación oficial por parte do goberno, todo parece indicar que os máis novos da familia poderedes saír un rato cada día. Así que, aproveitar para respirar aire puro e recargar as pilas. Vai ser un momento de moita emoción despois de tantas semanas sen saír da casa, así que, disfrutádeo!!!!
Imos agora coa tarefa que temos preparada para vós.
Cada 23 de abril se celebra o Día do Libro. Dende a biblioteca do cole estanse a preparar diferentes actividades para conmemorar este día. Nós, dende a asignatura de Comunicación gustaríanos aportar o noso gran de area.
Cada 23 de abril se celebra o Día do Libro. Dende a biblioteca do cole estanse a preparar diferentes actividades para conmemorar este día. Nós, dende a asignatura de Comunicación gustaríanos aportar o noso gran de area.
Queremos que gravedes un vídeo contando un conto tradicional, unha historia inventada, un fragmento do voso libro favorito...En fin, un vídeo no que aparezades contando "algo", pode ser en castelán, galego ou en inglés.
Unha vez gravados e enviados ao mail palomakaifer@hotmail.com, faremos unha montaxe como a do Día da Poesía, e enviarémola ao blog de 1º de Primaria para que vexan que non nos esquecimos deles a pesar do confinamento.
Teredes que enviar o voso vídeo como último día o MÉRCORES, para que nos dea tempo a preparar a montaxe antes do día 23.
Luces, cámara e...acción!
Cuidaros mucho, nos vemos pronto.
ResponderEliminarGrazas, Manu.
EliminarIgualmente!
Unha aperta
la extensión de cuanto es
ResponderEliminarA extensión é libre.
EliminarPode ser un pequeno relato, un conto, un fragmento dunha novela...
Deixámolo á vosa elección.