Ciencias Sociais xoves 2 de abril de 2020

SOLUCIÓNS ACTIVIDADES SEMANA PASADA
Páxina 67 (24, 25, 26).

24. Fernando VII cambiou a lei para que gobernase a súa filla Isabel, pero o
irmán do rei, o infante Carlos, non aceptou a decisión. A raíña Isabel
buscou o apoio dos liberais, mentres que os absolutistas respaldaron a
Carlos, por iso foron chamados carlistas. Ambos os grupos enfrontáron-
se nas Guerras Carlistas durante o século XIX.

25. María Cristina de Borbón era a nai da raíña Isabel e tivo que exercer
de rexente durante a minoría de idade da súa filla.
María Cristina de Habsburgo era a esposa do rei Afonso XII o cal mo-
rreu novo, polo que ela tivo que ser rexente durante a minoría de idade
do seu fillo Afonso XIII.

26. Unha república é unha forma de goberno na que non existe o rei. O
xefe do Estado é o presidente da República.

Páxina 70
- Organiza as túas ideas.

1808: Invasión napoleónica. Reinado de Xosé Bonaparte.
1814: Reinado de Fernando VII de Borbón.
1833: Inicio da rexencia de María Cristina de Borbón.
1843: Inicio do reinado de Isabel II de Borbón.
1868: Periodo democrático.
1871: Inicio do reinado de Amadeo I de Savoia.
1873: Primeira República.
1874:Restauración dos Borbóns . Reinado de Afonso XII.
1885: Inicio da rexencia de María Cristina de Habsburgo.
.
-Traballa co esquema. Actividades (36, 39 e 41) .

36. a) Reinado de Fernando VII de Borbón.
b) Reinado de Isabel II e a rexencia da súa nai, María Cristina de
Borbón.
c) Reinado de Isabel II.
d) Amadeo I.

39. Alfonso XII era neto de Fernando VII.

41. a) Revolución Francesa.
b) Guerra da Independencia.

Páxina 71
-Actividades (44, 45 e 46)

44.
a) Na guerra da Independencia aprobouse a Constitución de Cádiz.
b) As colonias españolas conseguiron a súa independencia durante
o reinado de Fernando VII.
c) Durante o século XIX a economía española tivo unha lenta indus-
trialización.
d) Ao morrer Afonso XII, asumiu a rexencia María Cristina de
Habsburgo.

45. Séculos, décadas e lustros permiten coñecer os detalles sobre os feitos
históricos recentes.

46.
a) Unha Constitución é unha lei fundamental que organiza os poderes do
do Estado, a forma de goberno e os dereitos e deberes fundamentais
dos cidadáns.
b) A de 1.812. Redactouse durante a guerra da Independencia.
c) Porque acabou co absolutismo.
d) Fernando VII.

Ben rapac@es mañá empezan as vacacións de Semana Santa , unhas vacacións marcadas polo confinamento que estamos a sufrir pola pandemia e que non nos deixa levar unha vida normal. Non sabemos moi ben como van ir as cousas pero de momento a volta ao Colexio non vai ser posible.
Seguramente despois das vacación teremos que dar cousas novas e haberá que buscar a mellor maneira para que todo funcione e nos resulte o máis fácil e ameno posible, xa se verá.
Para o hoxe vouvos propoñer actividades de temas que xa vimos. Unha volta ao pasado. Podedes recurrir ao libro, internet...Imos alá.

1. Da páxina 23 do libro no apartado "Dúas formas de observar un mesmo
río" facedes a actividade 26. Observade a información que se vos dá.Trá-
tase do río Douro. Contestar ás 3 preguntas.

2. En Galicia hai un Parque Nacional, como se chama?Que territorio abar-
ca?

3. Na páxina 48 "Ponte a proba" facede as actividades 1 e 2

4. No test da páxina 52, na pregunta 9 hai un climograma. Di de que cli-
ma se trata e por que o sabes.

Comentarios

  1. En el ej 26 había q poñer algunha república como ex. E unha pregunta

    ResponderEliminar
  2. Outra dubida ,son Aarón non entendo moi bn o do ex.46 o q puxeches

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pode ser porque en algúns libros non coinciden as preguntas a, b, c, d.Non te preocupes cando poidamos vémolo. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Son Víctor, non entendo ejercicio 2 da páxina 48.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os puntos teñen unha latitude e unha lonxitude. Pideche a latitude e a lonxitude do punto vermello marcado en América.
      Fíxate nos graos norte qe é a latitude e nos graos oeste que é a lonxitude Un saúdo.

      Eliminar
  4. Respuestas
    1. Víctor se tes algunha dúbida dimo que cha resolvo.

      Eliminar
  5. Respuestas
    1. Ben, Mauro.
      Recorda acentuar as palabras agudas rematadas en vogal, n ou s.

      Eliminar

Publicar un comentario