Ciencias Sociais xoves 16 de abril de 2020

SOLUCIÓNS DE SOCIAIS DO XOVES 2 DE ABRIL
1. PÁXINA 23
A.  O río Douro nace nos Picos de Urbión, que se encontran no Sistema Ibérico.
B.  Desemboca na vertente atlántica.
C.  Os 3 chanzos corresponden con curso alto, curso medio e curso baixo.
2. Parque Nacional das Illas Atlánticas. Comprende as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
3. PÁXINA 48
1.
2.  Punto de América: 20º latitude norte e 80º lonxitude oeste.
4. PÁXINA 52
Clima Polar. Porque as temperaturas son baixas todo ano e as precipitacións escasas.(adoitan ser en forma  de neve)                                           

Ola querid@s alumn@s, estamos vivindo unha situación moi especial nesta última parte do curso e vémonos pechados na casa. Estamos ante unha crise sanitaria a nivel mundial. Todo xira arredor do coronavirus. Preocúpanos a  saúde, os medios informativos están todo o tempo con este tema, normal. Pero a crise non só é sanitaria, tamén é unha crise económica: xente que perdeu o traballo, xente que non pode ir traballar, empresas que non poden producir ou vender os seus produtos...en fin a economía resíntese.
Pero que sabemos da economía? Pois ben,  imos intentar saber cousas deste tema que nos afecta tamén a trod@s.
No libro de Sociais na páxina  102 fálanos nos dous primeiros apartados de economía e as nosas necesidades. Trátase de que os leades e tamén de que vexades o vídeo que vos propoño para contestar ás actividades seguintes:

ACTIVIDADES
1  Define Economía.
2.  Define actividade económica.
3.  Di que actividades económicas se fan na casa:
     Básicas:
     Secundarias:
4 Os alumn@s sodes consumidores dentro da estrutura económica, pero os           
   vos@s pais/nais poden participar tamén cos seus traballos. Di diferentes 
   tipos de traballos que teñen os teus familiares máis próximos: pai, nai, 
   avó, avoa...
VÍDEO
https://youtu.be/2bu9N2cErYY
NON ESQUEZADES ENVIAR O VOSO TRABALLO POR MAIL E IDENTIFICARVOS NO ASUNTO DA MENSAXE.

   

Comentarios

Publicar un comentario