Ciencias Naturais mércores 1 de abril de 2020


Ola a tod@s! Hoxe traballaremos coñecementos que aínda non foron traballados na aula, pero coido que son bastante sinxelos. Podes axudarte do libro (tema 4) para facer as actividades, ou ben de internet.

1. As enfermidades poden ser infecciosas, causadas por seres externos como bacterias ou virus; ou non infecciosas, causadas por un mal funcionamento dos órganos do noso corpo, como a diabete. Que enfermidades non infecciosas recordas que ocorreron na túa vida?

2. No caso das enfermidades infecciosas, que hábitos saudables consideras que debes ter para previr este tipo de enfemidades?

Déixovos un enlace de “La vida es así” sobre a importancia dunha boa hixiene bucodental.


Un saúdo,

Jacobo

Comentarios

Publicar un comentario