VSC xoves 26 de marzo de 2020

Como cada xoves, na clase de Valores Sociais e Cívicos, traballamos un tema en particular. Aínda que levabamos varios días adicados a traballar a motivación e a autoestima, hoxe queremos facer unha reflexión con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down, celebrado o 21 de marzo.
Se algúen non coñece este síndrome, invitámosvos a averiguar de que se trata.
Para celebrar este día e dar visibilidade ás persoas con capacidades diferentes, como son as persoas con Síndrome de Down, hai que poñerse un calcetín diferente en cada pé.
Ímosvos pedir que vós tamén o fagades e que hoxe, xoves, cada un e unha de vós leve un calcetín desparellado. Sacádevos unha foto e enviádela a palomakaifer@hotmail.com.
E para rematar a clase de hoxe, unha reflexión sobre este síndrome cunha curtametraxe preciosa protagonizada por persoas con Síndrome de Down...e o amor dunha nai, o amor máis forte que pode existir!
Unha aperta


https://youtu.be/79W9AezWG2Q

Comentarios

  1. Xa recibimos moitas fotos dos vosos calcetíns.
    Estamos moi content@s coa vosa involucación.
    Grazas!

    ResponderEliminar
  2. Aarón , a mí no me deja mandar fotos y vídeos tampoco

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Aarón.
      Non che deixa mandar por correo electrónico?
      Se o fas dende o móbil, sacas a foto e na opción de compartir, daslle a correo electrónico.
      Escribes unha das nosas direccións de correo, e xa cha envía. Probaches a facelo?
      Se non es capaz, avisa e dámosche outras opcións.
      Un saúdo

      Eliminar

Publicar un comentario