ATENCIÓN ACTUALIZACIÓN (faltaba un enlace)!!!!!: Educación Plástica mércores 18 de marzo de 2020

Ola rapaces, son Marieta!!! 

Que tal o levades??? 

Imaxino que un pouco aburridos. 

Para facervos esta situación un pouco máis amena propóñovos unha actividade plástica. 

Como xa dixeramos na clase, o noso seguinte tema sería o cómic ou banda deseñada, así que… imos aló. 

A tarefa consiste en elaborar unha pequena historieta. O tema loxicamente será o “CORONAVIRUS” pero a maneira de tratalo é libre: pode haber un deus mitolóxico polo medio, un superheroe, una científica que atopa a vacina… A extensión do cómic tamén é libre pero debe ter portada e título. 

Engado enlaces a algún vídeo e ás presentacións que íamos ver na clase para aprender moito sobre a linguaxe do cómic. 

Unha aperta enorme para todas e todos!!! 

O meu correo electrónico: marietapon@gmail.com



Comentarios

Publicar un comentario