Ciencias Naturais mércores 18 de marzo de 2020

Bos días a tod@s!
As actividades propostas para hoxe serán sobre a nutrición,
en concreto sobre o sistema dixestivo e o sistema circulatorio:

1. Debuxa no teu caderno o aparato dixestivo, recordas como era?
Se non te acordas moi ben podes buscar en internet ou usalo libro de naturais.
Unha vez debuxado, colorea de verde o percorrido do bolo alimentario,
de azul o percorrido do quimo e por último de amarelo o percorrido do quilo.

2. Recordas unha práctica que fixemos sobre o sistema circulatorio
na que medíamos as pulsacións? Anímovos a ensinarlla aos vosos pais e avós!
Recorda: primeiro localiza as pulsacións na zona das amígdalas.
Cóntaas durante 15 segundos e despois multiplica por 4 para saber cantas tes nun minuto;
despois fai algo de movemento durante 40 segundos, como xeonllos arriba ou flexións.
Disparáronse moito as pulsacións?
Por que cres que ocorre isto?

Déixovos un enlace de “La vida es así” sobre o corazón, xa o visualizaramos, pero se o vedes cos vosos pais seguro que teñen cousas que contarvos.

Un saúdo,

Jacobo

Comentarios

Publicar un comentario