Matemáticas xoves 26 de marzo de 2020

Bueno, espero que esteades levando ben o traballo dende casa. É moi importante que sexades organizados e intentedes ter unha rutina diaria de traballo.
Se alguén considera que os exercicios son moi difíciles, que a carga de traballo é excesiva ou que precisa axuda para seguir as clases virtuais, por favor, facédenolo saber para intentar adaptarnos a todos e a cada un de vós.
Dito isto, para hoxe en Matemáticas quero deixar a táboa que xa estudamos o curso pasado para guiarvos no cambio de unidades.
Como xa tivestes que facer no exercicio de onte, para pasar de unidades máis grandes a unidades máis pequenas tendes que multiplicar pola unidade seguida de 0.
Pois ben, hoxe teredes que facer a operación inversa, é dicir, pasar das unidades máis pequenas a unidades máis grandes. Para iso teredes que dividir pola unidade seguida de 0.
Coa lonxitude do voso cuarto, expresada en metros, tendes que pasala a decámetros (Dam), a Hectómetros (Hm) e a Kilómetros (Km).


Comentarios

  1. Hola soy Aarón lo copiamos en la libreta ,no

    ResponderEliminar

Publicar un comentario