Comunicación xoves 26 de marzo de 2020

Ola rapaces e rapazas!
Esta fin de semana pasada celebrouse, ademais do Día da Poesía, o Día das Árbores e o Día da Auga. Como non tivemos opción de falar destes temas no Cole nin a imos ter nos vindeiros días, farémolo da única maneira que podemos: vía telemática.
Dentro do noso proxecto, "Olimpo, Asgärd...os deuses no Pondal!", vimos que na Mitoloxía Nórdica, os elementos da Natureza están moi presentes, así coma o respecto polo medio natural en toda a cultura nórdica actual. Lembrádesvos da presentación que fixo Minerva na clase contando o máis importante dos países nórdicos? Un dos aspectos en común era a conciencia medioambiental que está presente nos cidadáns e cidadás de Islandia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca.
Na nosa comunidade autónoma, tamén temos unha paisaxe moi característica e que tradicionalmente foi un elemento importante para a poboación galega.
No caso do Morrazo, é unha zona que non destaca por ter ríos famosos como o Miño, Lérez...pero en Bueu, Cangas e Moaña si que podemos presumir tamén de ríos Ríos que no seu momento tiveron unha importancia grandísima na economía: na agricultura para regar os cultivos, tamén para que funcionaran os muíños e por suposto, para obter a auga necesaria para o consumo humano.
Hoxe seguen sendo moi importantes tanto na actividade humana como no mantemento dos ecosistemas, pero tamén é certo que pasan moi dasapercibidos. Chegou á hora de que saibamos algo deles, polo menos o nome e onde están.
As actividade de Comunicación de hoxe van ser:

1. Buscar os ríos que hai no Morrazo dicindo onde están e o seu nome, se podedes obter algún dato máis poñelo, por exemplo onde nace, lonxitude, onde desemboca...

2. Agora debedes buscar algunha poesía, cantiga, lenda, refrán que fale do tema dos ríos, se está referida aos ríos do Morrazo, mellor.

O que descubrades dos ríos poñelo no caderno. A cantiga, poesía, refrán, lenda...escribila no caderno tamén pero mandarma ao correo.(cachiso@gmail.com)

TODAS AS ACTIVIDADES FANSE EN GALEGO.

Comentarios

  1. JAJAJJAJJAA 😂😂😂 son Aarón o refrán pode ser inventado

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Preferiblemente, non.
      Podedes buscar na rede, preguntar ás familias...
      Seguro que algún atopades!
      Ánimo!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Rapac@s se podedes mandarme a actividade feita ao meu correo.Grazas.

      Eliminar

Publicar un comentario