Ciencias Sociais xoves 26 de marzo de 2020

Ola rapaces e rapazas de 6º! Como o levades? Quen nos ía dicir que iamos botar un pouquiño de menos o Colexio? As clases, xogar cos compañeir@s,..
Ben, como todo, pasará e voltaremos estar xuntos outra vez, mentras tanto ánimo, colaborade na casa, traballade e divertirvos, que así todo será máis fácil e agradable.
Nós botámosvos moito de menos.


Antes de adiantarvos o traballo para hoxe, déixovos as repostas ás preguntas que mandamos xusto o último día que tivemos clase presencial:
Solucionario preguntas de Sociais 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
1 Quen loitou na Guerra da Independencia?
O españois contra o exército francés.
2 A quen colocou Napoleón no trono español?
Ao seu irmán Xose I Bonaparte.
3 Onde e en que ano se aprobou a 1ª Constitución?
En Cádiz en 1.812.
4 Quen ocupou o trono español despois da Guerra da Independencia?
Fernando VII
5 En que reinado proclamaron por primeira vez a independencia as colonias americanas?
No reinado se Fernando VII
6 Quen loitou na Guerra Carlista?
Loitaron os isabelinos que defendían a Isabel II, filla de
Fernando VII, contra os carlistas que defendían a Carlos,
irmán de Fernando VII.
7 Na Guerra Carlista quen apoiou a cada bando?
Os liberais apoiaron a Isabel II e os absolutistas a Carlos.
8 Por que gobernou despois da Guerra Carlista Mª Cristina de Borbón?
Porque cando morre Fernando VII a súa filla Isabel era moi
pequena para reinar, e a súa nai exerceu de Rexente.
9 A quen substituiu Amadeo I no trono? Canto tempo foi rei?
A Isabel II e foi rei dende 1.869 ata 1.873. 4 anos.
10 Por que se proclamou a 1ª República e en que ano?
Pola renuncia ao trono de Amadeo I no ano 1873.
11 Canto durou a 1ª República. Quen reinou despois da 1ª República?
1 ano. Reinou Alfonso XII.
12 Quen foi Mª Cristina de Habsburgo e por que foi nomeada rexente?
A esposa de Alfonso XII. Porque o fillo de Alfonso XII acaba-
ba de nacer.

Imos rematar o tema 3 de Sociais cunhas actividades do libro que faredes na libreta.
ACTIVIDADES. (AXUDARVOS DO LIBRO)

Páxina 67 exercicios 24, 25, 26. Nalgúns libros non coinciden os números.
No meu libro a 24 é : Por que estalou a Guerra Carlista?

Un saúdo!

Comentarios

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Hola son Aarón eu lévono bn unha dubida é Afonso XII ou AlfonsoXII,rematei

    ResponderEliminar
  6. Son Gabri na pregunta 1 pusen :
    Os franceses mais os afrancesados contra os españois

    ResponderEliminar
  7. Mario rematado todas ben menos 1

    ResponderEliminar

Publicar un comentario